Pola noite véxoa na branca lúa
fermosa, iso, sen dúbida
e morro por ela !
Pola mañá véxoa na clara auga
pura, limpa e iluminada
e morro por ela !
Pola noite véxoa no teito do mundo
e só desexo ser sempre dela
e morrer por ela !
En todo o día non penso mais
que en estar sempre con ela
e morrer por ela !
Ismael Dopico Ares
miércoles, 14 de diciembre de 2011
lunes, 12 de diciembre de 2011
OLLOS DE AUGA . Domingo Villar
Dende o meu punto de vista é unlibro entretido e moi fácil de ler .
A historia comeza con moitos cabos soltos que o autor, pouco a pouco e con moito atino, vai unindo.
Penso que Domingo Villar logrou dar unha visión moi real do traballo policial e tamén da cidade de Vigo.
Gustoume moito o papel do protagonista, LeoCaldas, que se deixa guiar polo seu instinto aínda que ás veces non lle resulte acertado . Na miña opinión, o personaxe de Rafael Estévez é o máis divertido; ademais, creo que a súa visión dos galegos é bastante real , en especial cando comenta o costume que teñen de responder unha pregunta con outra . O que menos me gustou foi a maneira de morrer o saxofonista , pareceume moi cruel . Chamoume moito a atención que os capítulos non veñen numerados senón que comezan cunha entrada do diccionario da RAE dunha palabra mencionada nese capítulo .
Recomendo a todos a lectura do libro, pois é moi orixinal e divertida.
Miguel Pol Gómez

CANTIGA DE AMIGO
Árbores do verde prado
meu corazón pídevos
devolvedeme ao meu amigo
que non deu regresado
Ondas do mar salgado
meu corazón pídevos
devolvédeme ao meu amado
que non deu regresado
Meu corazón pídevos
despois de moito lamento
conectádelle a blackberry
que non deu regresado
Meu corazón pídevos
cheo de dor e desgusto
que conteste xa á mensaxe
que non deu regresado
Alba Rey
meu corazón pídevos
devolvedeme ao meu amigo
que non deu regresado
Ondas do mar salgado
meu corazón pídevos
devolvédeme ao meu amado
que non deu regresado
Meu corazón pídevos
despois de moito lamento
conectádelle a blackberry
que non deu regresado
Meu corazón pídevos
cheo de dor e desgusto
que conteste xa á mensaxe
que non deu regresado
Alba Rey
A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar
No libro “A praia dos afogados” relátase a investigación dun asasinato. Un home aparece morto nunha praia de Panxón. Aínda que todo apuntaba a que fora un suicidio, pouco a pouco foron dando co asasino. Pero neste libro no só se relata unha investigación policial; outros temas representativos poden ser:A relación dun fillo co pai sempre é un pouco máis difícil que coa nai , e aínda máis se esta última falta. No libro pódese apreciar como hai un distanciamento entre Leo Caldas e o seu pai; case non hai comunicación entre eles, aínda que ambos están desexando unirse máis. Normalmente na actualidade iso tamén é así, a nai encubre máis os seus fillos e intenta sempre unir á familia e, aínda que o pai tamén o pretenda ,non é o mesmo.
O acto de vinganza: un home é capaz de todo hoxe en día só por vingarse de alguén, por iso hai tanto maltrato e tantos asasinatos, sobre todo a mulleres. Isto pódese ver no libro coa morte de Rebeca Neira, e o vingador, o seu fillo Diego Neira (aínda que neste caso o fillo só pretende asustar, non matar). Por outra banda, temos tamén un exemplo de persoas que queren ter sempre o control e poder sobre os demais, é o caso de Marcos Valverde.
Os perigos do traballo do mar: bater contra as pedras, ser arrastrado polas olas, morrer afogado... Moitas persoas non o aprecian porque non saben como é ese mundo, pero as que teñen familiares vivindo diso sempre teñen que estar preocupados e rezando para que non lles pase nada. A vida do mar é dura e a xente debería entendelo e valoralo, pois nunca sabes o que pode pasar.
Aínda que non menos importante, a relación de Leo Caldas con Rafa Estévez tamén nos fai pensar nas relacións laborais, que non sempre son fáciles.
Dende o meu punto de vista o libro é interesante e mantén a intriga do lector ata o final. Trátanse diversos temas e todos son actuais, o que facilita a súa comprensión. Aínda que houbo una parte, cando todas as testemuñas do naufraxio contaban o mesmo, que se me fixo máis aburrida e repetitiva, en xeral gustoume bastante.
domingo, 11 de diciembre de 2011
Tania Pico 2ºESO
viernes, 9 de diciembre de 2011
Cantiga de amigo
Frechazo de madrugada,
durmimos xuntos de sol a sol,cólgome da túa mirada,
meu amigo, sen ti non son.
non podo parar de amarte,
meu amigo, sen ti non son.
que sen ti non son tan belas,
meu amigo, sen ti non son.
O móbil non deu o ton,
pero non deixei de intentalo,quero estar ó teu lado,
meu amigo, sen ti non son.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)