viernes, 17 de febrero de 2012

A POMBA E O DEGOLADO. Fina Casalderrey




A obra conta a historia dun neno adolescente chamado André, unha historia chea de drama e intriga.
No instituto, André sofre un forte acoso por parte de dous matóns, e por se fora pouco, logo están os problemas da casa: a súa nai non ten tempo para el, a súa irmá é unha “adolescente problemática”, o seu pai ten problemas de drogas…
Todo isto fai que André pase gran parte do tempo vivindo co seu avó, co que disfruta coidando os seus paxaros e chateando cunha amiga de Internet chamada “Pomba”.
Grazas a Pomba e á estancia na casa do seu avó, André vai madurando e aprendendo a facerlles fronte ós problemas familiares e ós matóns do instituto, á vez que vai coñecendo mellor á súa amiga cibernética.
Esta historia está contada desde o punto de vista de André, e iso fai que en moitos momentos poidamos poñernos a través do protagonista nas angustiosas situacións que el vive, o que na miña opinión converte este libro nunha interesantísima lectura ademais dunha gran reflexión persoal


Javier Arantón Martínez Nº 2 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario