lunes, 12 de diciembre de 2011

A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar

No libro “A praia dos afogados” relátase a investigación dun asasinato. Un home aparece morto nunha praia de Panxón. Aínda que todo apuntaba a que fora un suicidio, pouco a pouco foron dando co asasino. Pero neste libro no só se relata unha investigación policial; outros temas representativos poden ser:

 O difícil que pode ser investigar un caso, pois nunca sabes a onde che vai levar una proba, nen se che servirá de algo.No libro móstrase como se van enlazando os diferentes datos pero non todos serven para chegar ó asasino. Tamén se reflicte o duro que é o traballo policial, xa que un case nunca ten tempo a levar a unha vida privada completa, o que leva a que a convivencia coa parella sexa máis difícil; neste caso a moza déixao pero el non a dá esquecido. O sufrimento por amor é un tema importante hoxe en día, todos algunha vez sufrimos por amor.
A relación dun fillo co pai sempre é un pouco máis difícil que coa nai , e aínda máis se esta última falta. No libro pódese apreciar como hai un distanciamento entre Leo Caldas e o seu pai;  case non hai comunicación entre eles, aínda que ambos están desexando unirse máis. Normalmente na actualidade iso tamén é así, a nai  encubre máis os seus fillos e intenta sempre unir á familia e,  aínda que o pai tamén o pretenda ,non é o mesmo.
O acto de vinganza: un home é capaz de todo hoxe en día só por vingarse de alguén,  por iso hai tanto maltrato e tantos asasinatos, sobre todo a mulleres. Isto pódese ver no libro coa morte de Rebeca Neira, e o vingador, o seu fillo  Diego Neira (aínda que neste caso o fillo só pretende asustar, non matar). Por outra banda, temos tamén un exemplo de persoas que queren ter sempre o control  e poder sobre os demais, é o caso de Marcos Valverde.

Os perigos do traballo do mar: bater contra as pedras, ser arrastrado polas olas, morrer afogado... Moitas persoas non o aprecian porque non saben como é ese mundo, pero as que teñen familiares vivindo diso sempre teñen que estar preocupados e rezando para que non lles pase nada. A vida do mar é  dura e a xente debería entendelo e valoralo, pois nunca sabes o que pode pasar.
Aínda que non menos importante,  a relación de Leo Caldas con Rafa Estévez tamén  nos fai pensar nas relacións laborais, que non sempre son fáciles.
Dende o meu punto de vista o libro é interesante e mantén a intriga do lector ata o final. Trátanse diversos temas e todos son actuais, o que facilita a súa comprensión. Aínda que houbo una parte, cando todas as testemuñas do naufraxio contaban  o mesmo, que se me fixo máis aburrida e repetitiva, en xeral gustoume bastante.

Cristina Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario