Mostrando entradas con la etiqueta LECTURAS 1º BACH.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LECTURAS 1º BACH.. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de febrero de 2012

A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar


Un home aparece morto na Praia de Panxón, todo parece un simple afogamento dun mariñeiro, despois un suicidio, pero hai varios sinais que din que non foi así, todo apunta a que foi un asasinato. A partires deste fieto comeza o relato dunha complicada investigación.
Esta obra de Domingo Villar non só nos fala desa investigación policial senón que tamén nos narra varias relacións e sucesos que nos poden ocorrer a nós mesmos hoxe en dia: o amor vese reflexado por exemplo na figura do protagonista( Leo Caldas) que segue namorado da súa exmoza; a relación entre país e fillos tamén está presente na obra pola pouca comunicación que ten Leo co seu pai, xa que a súa nai morreu. A vinganza é un tema tratado tamén neste libro coa morte de Rebeca Neira, que é vingada polo seu propio fillo Diego Neira.
Preséntase tamén o traballo do mar como moi perigoso e arriscado,así como a vida dos policías que,como neste caso, ademais de arriscada é difícil, pois a investigación do asasinato da moitas voltas e teñen que traballar moito para dar co asasino.
Leo Caldas, na miña opinión preséntase como un home traballador que pensa nos demais, un pouco triste ou afectado por todas as cousas que lle ocorren e tímido e desconfiado nalgúns casos, como no comportamento co seu pai, co cal parece non ter moita confianza , aínda que se ve que os dous se queren moito e desexan ter una boa relación. O protagonista tampouco fai por levarse moi ben co seu compañeiro de traballo(Rafa Estévez), que parece ser incompatible con el.
A historia contada é entretida se che gustan o libros de misterio xa que a investigación dá moitas voltas e ás veces non todo é o que parece.
Toda esta investigación mestúrase coa vida de moitas persoas como policías, veciños, familiares e outros personaxes que tamen teñen moita historia que contar.
O libro gustoume porque mantente expectante ata o final e é bastante entretido e fácil de ler.

Tamara Sabín

lunes, 12 de diciembre de 2011

OLLOS DE AUGA . Domingo Villar

Dende o meu punto de vista é unlibro entretido e moi fácil de ler .

A historia comeza con moitos cabos soltos que o autor, pouco a pouco e con moito atino, vai unindo.
 
Penso que Domingo Villar logrou dar unha visión moi real do traballo policial e tamén da cidade de Vigo.
 
Gustoume moito o papel do protagonista, LeoCaldas, que se deixa guiar polo seu instinto aínda que ás veces non lle resulte acertado .  Na miña opinión, o personaxe de Rafael Estévez é o máis divertido; ademais, creo que a súa visión dos galegos é bastante real , en especial cando comenta o costume que teñen de responder unha pregunta con outra . O que menos me gustou foi a maneira de morrer o saxofonista , pareceume moi cruel . Chamoume moito a atención que os capítulos non veñen numerados senón que comezan cunha entrada do diccionario da RAE dunha palabra mencionada nese capítulo . 

Recomendo a todos a lectura do libro, pois é moi orixinal e divertida.
 
 Miguel Pol Gómez

A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar

No libro “A praia dos afogados” relátase a investigación dun asasinato. Un home aparece morto nunha praia de Panxón. Aínda que todo apuntaba a que fora un suicidio, pouco a pouco foron dando co asasino. Pero neste libro no só se relata unha investigación policial; outros temas representativos poden ser:

 O difícil que pode ser investigar un caso, pois nunca sabes a onde che vai levar una proba, nen se che servirá de algo.No libro móstrase como se van enlazando os diferentes datos pero non todos serven para chegar ó asasino. Tamén se reflicte o duro que é o traballo policial, xa que un case nunca ten tempo a levar a unha vida privada completa, o que leva a que a convivencia coa parella sexa máis difícil; neste caso a moza déixao pero el non a dá esquecido. O sufrimento por amor é un tema importante hoxe en día, todos algunha vez sufrimos por amor.
A relación dun fillo co pai sempre é un pouco máis difícil que coa nai , e aínda máis se esta última falta. No libro pódese apreciar como hai un distanciamento entre Leo Caldas e o seu pai;  case non hai comunicación entre eles, aínda que ambos están desexando unirse máis. Normalmente na actualidade iso tamén é así, a nai  encubre máis os seus fillos e intenta sempre unir á familia e,  aínda que o pai tamén o pretenda ,non é o mesmo.
O acto de vinganza: un home é capaz de todo hoxe en día só por vingarse de alguén,  por iso hai tanto maltrato e tantos asasinatos, sobre todo a mulleres. Isto pódese ver no libro coa morte de Rebeca Neira, e o vingador, o seu fillo  Diego Neira (aínda que neste caso o fillo só pretende asustar, non matar). Por outra banda, temos tamén un exemplo de persoas que queren ter sempre o control  e poder sobre os demais, é o caso de Marcos Valverde.

Os perigos do traballo do mar: bater contra as pedras, ser arrastrado polas olas, morrer afogado... Moitas persoas non o aprecian porque non saben como é ese mundo, pero as que teñen familiares vivindo diso sempre teñen que estar preocupados e rezando para que non lles pase nada. A vida do mar é  dura e a xente debería entendelo e valoralo, pois nunca sabes o que pode pasar.
Aínda que non menos importante,  a relación de Leo Caldas con Rafa Estévez tamén  nos fai pensar nas relacións laborais, que non sempre son fáciles.
Dende o meu punto de vista o libro é interesante e mantén a intriga do lector ata o final. Trátanse diversos temas e todos son actuais, o que facilita a súa comprensión. Aínda que houbo una parte, cando todas as testemuñas do naufraxio contaban  o mesmo, que se me fixo máis aburrida e repetitiva, en xeral gustoume bastante.

Cristina Rodríguez

domingo, 27 de noviembre de 2011

A PRAIA DOS AFOGADOS


O xa coñecido inspector Leo Caldas pola primeira novela  da serie, Ollos de auga, volve agora para investigar un crime na praia de Panxón.
Pero se cres que Domingo Villar fai algo máis que unha novela policiaca, quedas convidado/a a compartilo cos demais lectores.