viernes, 17 de febrero de 2012

A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar


Un home aparece morto na Praia de Panxón, todo parece un simple afogamento dun mariñeiro, despois un suicidio, pero hai varios sinais que din que non foi así, todo apunta a que foi un asasinato. A partires deste fieto comeza o relato dunha complicada investigación.
Esta obra de Domingo Villar non só nos fala desa investigación policial senón que tamén nos narra varias relacións e sucesos que nos poden ocorrer a nós mesmos hoxe en dia: o amor vese reflexado por exemplo na figura do protagonista( Leo Caldas) que segue namorado da súa exmoza; a relación entre país e fillos tamén está presente na obra pola pouca comunicación que ten Leo co seu pai, xa que a súa nai morreu. A vinganza é un tema tratado tamén neste libro coa morte de Rebeca Neira, que é vingada polo seu propio fillo Diego Neira.
Preséntase tamén o traballo do mar como moi perigoso e arriscado,así como a vida dos policías que,como neste caso, ademais de arriscada é difícil, pois a investigación do asasinato da moitas voltas e teñen que traballar moito para dar co asasino.
Leo Caldas, na miña opinión preséntase como un home traballador que pensa nos demais, un pouco triste ou afectado por todas as cousas que lle ocorren e tímido e desconfiado nalgúns casos, como no comportamento co seu pai, co cal parece non ter moita confianza , aínda que se ve que os dous se queren moito e desexan ter una boa relación. O protagonista tampouco fai por levarse moi ben co seu compañeiro de traballo(Rafa Estévez), que parece ser incompatible con el.
A historia contada é entretida se che gustan o libros de misterio xa que a investigación dá moitas voltas e ás veces non todo é o que parece.
Toda esta investigación mestúrase coa vida de moitas persoas como policías, veciños, familiares e outros personaxes que tamen teñen moita historia que contar.
O libro gustoume porque mantente expectante ata o final e é bastante entretido e fácil de ler.

Tamara Sabín

No hay comentarios:

Publicar un comentario