martes, 20 de diciembre de 2011

Reseña de Los armarios negros
Ficha bibliográfica
Título: Los armarios negros
Autor: Joan Manuel Gisbert
Editorial: Alfaguara Año: 2011
El libro Los armarios negros es una obra narrativa de temática de misterio y terror. Nos cuenta una historia plagada de antiguos secretos, personajes misteriosos, orígenes ocultos... ambientada en un entorno tétrico y tenebroso, todo esto es signo de que es una gran novela de misterio.
Introduce en el presente de manera tan asombrosa rituales esotéricos, aunque más bien mentales, que de verdad parece posible llevar a la locura a una persona con el solo uso de unos armarios.
A mí personalmente me causó un desasosiego interno que no conseguí acallar hasta que no desvelé el esperado, aunque también predecible, final.
Como conclusión, confío en que todo aquel que llegue a leer esto, se interese por ese género tan increíble como lo es el de misterio, mostrado de manera tan impactante y en cierto modo verosímil en esta magnífica obra.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Cantiga de amor

Pola noite véxoa na branca lúa
fermosa, iso, sen dúbida
e morro por ela !

Pola mañá véxoa na clara auga
pura, limpa e iluminada
e morro por ela !

Pola noite véxoa no teito do mundo
e só desexo ser sempre dela
e morrer por ela !

En todo o día non penso mais
que en estar sempre con ela
e morrer por ela !

Ismael Dopico Ares

lunes, 12 de diciembre de 2011

OLLOS DE AUGA . Domingo Villar

Dende o meu punto de vista é unlibro entretido e moi fácil de ler .

A historia comeza con moitos cabos soltos que o autor, pouco a pouco e con moito atino, vai unindo.
 
Penso que Domingo Villar logrou dar unha visión moi real do traballo policial e tamén da cidade de Vigo.
 
Gustoume moito o papel do protagonista, LeoCaldas, que se deixa guiar polo seu instinto aínda que ás veces non lle resulte acertado .  Na miña opinión, o personaxe de Rafael Estévez é o máis divertido; ademais, creo que a súa visión dos galegos é bastante real , en especial cando comenta o costume que teñen de responder unha pregunta con outra . O que menos me gustou foi a maneira de morrer o saxofonista , pareceume moi cruel . Chamoume moito a atención que os capítulos non veñen numerados senón que comezan cunha entrada do diccionario da RAE dunha palabra mencionada nese capítulo . 

Recomendo a todos a lectura do libro, pois é moi orixinal e divertida.
 
 Miguel Pol Gómez

CANTIGA DE AMIGO

Árbores do verde prado
meu corazón pídevos
devolvedeme ao meu amigo
que non deu regresado

Ondas do mar salgado
meu corazón pídevos
devolvédeme ao meu amado
que non deu regresado

Meu corazón pídevos
despois de moito lamento
conectádelle a blackberry
que non deu regresado

Meu corazón pídevos
cheo de dor e desgusto
que conteste xa á mensaxe
que non deu regresado
 
           Alba Rey
    

A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar

No libro “A praia dos afogados” relátase a investigación dun asasinato. Un home aparece morto nunha praia de Panxón. Aínda que todo apuntaba a que fora un suicidio, pouco a pouco foron dando co asasino. Pero neste libro no só se relata unha investigación policial; outros temas representativos poden ser:

 O difícil que pode ser investigar un caso, pois nunca sabes a onde che vai levar una proba, nen se che servirá de algo.No libro móstrase como se van enlazando os diferentes datos pero non todos serven para chegar ó asasino. Tamén se reflicte o duro que é o traballo policial, xa que un case nunca ten tempo a levar a unha vida privada completa, o que leva a que a convivencia coa parella sexa máis difícil; neste caso a moza déixao pero el non a dá esquecido. O sufrimento por amor é un tema importante hoxe en día, todos algunha vez sufrimos por amor.
A relación dun fillo co pai sempre é un pouco máis difícil que coa nai , e aínda máis se esta última falta. No libro pódese apreciar como hai un distanciamento entre Leo Caldas e o seu pai;  case non hai comunicación entre eles, aínda que ambos están desexando unirse máis. Normalmente na actualidade iso tamén é así, a nai  encubre máis os seus fillos e intenta sempre unir á familia e,  aínda que o pai tamén o pretenda ,non é o mesmo.
O acto de vinganza: un home é capaz de todo hoxe en día só por vingarse de alguén,  por iso hai tanto maltrato e tantos asasinatos, sobre todo a mulleres. Isto pódese ver no libro coa morte de Rebeca Neira, e o vingador, o seu fillo  Diego Neira (aínda que neste caso o fillo só pretende asustar, non matar). Por outra banda, temos tamén un exemplo de persoas que queren ter sempre o control  e poder sobre os demais, é o caso de Marcos Valverde.

Os perigos do traballo do mar: bater contra as pedras, ser arrastrado polas olas, morrer afogado... Moitas persoas non o aprecian porque non saben como é ese mundo, pero as que teñen familiares vivindo diso sempre teñen que estar preocupados e rezando para que non lles pase nada. A vida do mar é  dura e a xente debería entendelo e valoralo, pois nunca sabes o que pode pasar.
Aínda que non menos importante,  a relación de Leo Caldas con Rafa Estévez tamén  nos fai pensar nas relacións laborais, que non sempre son fáciles.
Dende o meu punto de vista o libro é interesante e mantén a intriga do lector ata o final. Trátanse diversos temas e todos son actuais, o que facilita a súa comprensión. Aínda que houbo una parte, cando todas as testemuñas do naufraxio contaban  o mesmo, que se me fixo máis aburrida e repetitiva, en xeral gustoume bastante.

Cristina Rodríguez

domingo, 11 de diciembre de 2011

                     Danny, o campión do mundo. Roald Dahl.
Este é un libro moi sinxelo de ler e, para o meu gusto, moi interesante. Intenta destacar distintos valores coma a bondade, pois Danny fai todo o posible para non causar problemas ao seu único proxenitor. A súa nai morreu cando el era moi pequeno. Danny pertence a unha familia humilde, vive nun vello carromato de xitanos tras o taller do seu pai. Estas son as únicas posesións materiais das que dispoñen pero, aínda así, Danny non é un neno desgraciado nin moito menos, é un neno feliz que encontra diversión nas ferramentas que hai no taller do seu pai. Recoméndovos que o leades se queredes disfrutar un bo rato xunto con este libro.


Tania Pico 2ºESO










viernes, 9 de diciembre de 2011

Cantiga de amigo

      Frechazo de madrugada,
      durmimos xuntos de sol a sol,
      cólgome da túa mirada,
      meu amigo, sen ti non son.

     Collín o iPhone para chamarte,
     o móbil non deu o ton.
     non podo parar de amarte,
     meu amigo, sen ti non son.

    Durmimos xuntos de sol a sol,
    estaba escrito nas estrelas,
    que sen ti non son tan belas,
    meu amigo, sen ti non son.
 
   O móbil non deu o ton,
   pero non deixei de intentalo,
   quero estar ó teu lado,
   meu amigo, sen ti non son.

      Patricia Sande y Nerea Fernández 1º Bach-B

viernes, 2 de diciembre de 2011

Cantiga de amigo
Estaba sentada fronte o mar
estaba cansada de esperar
Tardará?

Quero ver ao meu amigo
eu non sei se estará vivo
Tardará?

Estaba cansada de esperar
eu desexo podelo amar
Tardará?

Eu non sei se estará vivo
sigo atenta ao meu amigo
Tardará?